viernes, 20 de mayo de 2022

III Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria



Os días 19 e 20 de maio de 2022 a profesora de Cisneros, Mª Elisa Abad “Marila” desprazouse a Narón (A Coruña)  para participar no III Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria; xunto con Sinda Aguiar, Coordinadora de Educación Viaria na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense foron as representantes ourensáns no evento organizado polo Concello de Narón e a Rede Cidades que camiñan.

Un foro sobre mobilidade, cultura viaria e espazo público no que participaron relevantes personalidades. Múltiples perspectivas para analizar como enfocar as accións públicas e como contribuír desde distintos ámbitos a mellorar os nosos espazos habitados, sexan do tamaño que sexan.

Profesorado en formación que trouxo ao centro as novidades para compartilas co alumnado.

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...