Do 22 ao 24 de maio de 2019 a profe Marila participou no IV Seminario "RED ESPAÑOLA CIUDADES STARS" que se celebró en la localidad segoviana de Valsaín.
Acudiron técnicos de administracións, coordinadores de educación vial da DGT, consultoras, ONGs, profesores implicados en proxecto STARS, co obxectivo de promocionar a mobilidade activa e sostible entre infancia e adolescencia.
A primeira xornada foi compartida co Seminario de Mobilidade e Infancia que versaba sobre saúde, cidade e cambio climático.
Na sede do CENEAM, Centro Nacional de Educación Ambiental, e acompañada pola Coordinadora de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Sinda, Marila presentou o proxecto "Ourense Educa e Involucra" no que levamos participando hai tempo, con numerosas actividades que se foron detallando na ponencia:
Charlas, Obradoiros, Actuacións, e saídas a pé de rúa... ademais do proxecto final, a colección de filatelia temática titulada "Mobilidade Segura".
Presentación por Sinda
Presentando o Colexio
Dando a coñecer ao equipo de traballo
A colección filatélica