Un grupo de alumnos de Cisneros decidiron saír á rúa para impartir unha clase na que divulgar os seus coñecementos sobre seguridade viaria.
Para recreala, padriños e madriñas dirixíanse aos seus afillados e afilladas para explicarlles uns dos temas elixidos para a ocasión diante da cidadanía que se achegaba á Praza das Mercedes.
Un falou do xeito de cruzar os pasos de peóns, outros do uso do casco na bici, do cinto de seguridade, dos sitemas de retención infantil, o perigo do uso do móbil, o camiño escolar...
Unha experiencia moi enriquecedora para grandes e pequenos xa que tiña un fondo traballo previo de escolla e preparación das láminas que ilustraban cada unha das clases.