miércoles, 30 de junio de 2021

MOBILIDADE SEGURA CURSO 2020-2021

 ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS DENTRO DO PROXECTO:
“A CIDADES DAS NENAS E DOS NENOS”
POR ORDE CRONOLÓXICA
PLAN PROXECTA 20-21
MOBILIDADE SEGURA

22 de setembro de 2020: SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE




A Semana Europea da Mobilidade, celébrase do 16 ao 22 de setembro de 2020; é unha campaña dirixida a sensibilizar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sustentables como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé.


O alumnado de Cisneros decidiu mostrar as súas inquedanzas plasmando en debuxos o seu desexo de ter unha cidade sen coches con moitas zonas nas que poder xogar e compartir momentos cos amigos con seguridade.

O 22 é o Día da cidade, Sen coche!, por iso pedían unha mobilidade sen emisións: camiñando, usando a bici, o patinete, os patíns, …


 


Os profes sumáronse ao día representado que só querían coches nas máscaras,non na cidade.

Resumo das actividades no vídeo: https://youtu.be/wkXicvCoCCs


 





30 de setembro: SAÍMOS NO XORNAL

O 30 de setembro de 2020 un grupo de alumnas e alumnos de Cisneros aparecen no Xornal Escolar de La Región coas actividades levadas a cabo na Semana da Mobilidade. Fomos portada e contraportada.


    




12 de novembro de 2021: OS ALUMNOS SÍMBOLOS NO ARTIGO DE SEGURIDADE VIARIA

No artigo publicado no Xornal Escolar, Beni Bouzada escolle as imaxes das actividades feitas con alumnado de Cisneros para falar de Peóns, Educación Vial e era COVID.




15 de novembro de 2020: CISNEROS NO DÍA MUNDIAL DA LEMBRANZA ÁS VÍTIMAS DE ACCIDENTES DE TRÁFICO

O terceiro domingo do mes de novembro conmemórase o Día Mundial en lembranza das vítimas de accidentes de trñafico.

Cisneros únese á celebración cun pequeno video de concienciación: https://youtu.be/ewTRtOcWGcg


 


18 de novembro de 2020: APRENDENDO EDUCACIÓN VIARIA CO XOGO

O alumnado de Educación Infantil de Cisneros aprendendo Educación Viaria a través do xogo.

Valores para a vida. Por unha mobilidade segura e cívica…

Mirade  video: https://youtu.be/2eg0u4ldMY8 

 



20 de novembro de 2020: DÍA INTERNACIONAL DO NENO

O 20 de novembro, DÍa Mundial do Neno, en 2020 lembramos que…

“Todos as nenas e todos os nenos deben estar protexidos, seguros , con educación e saúde.“

As nenas, os nenos e tamén os adultos estaremos máis protexidos nas cidades a 30km/h. E así o manifestou o alumnado de Cisneros: https://youtu.be/_OkhVycJSCo  



20 de novembro de 2020: A DGT “TUITEA” O NOSO VIDEO NO DÍA DA INFANCIA

https://mobile.twitter.com/dgtes/status/1329750151641100290 

 



20 de novembro de 2020: A REVISTA DA DGT  RECOLLE O TRABALLO DO DÍADA INFANCIA

 





22 de novembro de 2020: ACTO DAS VÍTIMAS NA PRENSA





25 de novembro de 2021: DÍA DO NENO NO XORNAL ESCOLAR

O Xornal Escolar recolle a presenza na revista da DGT.


 





2 de decembro de 2020: CISNEROS E A FILATELIA NO XORNAL

No Xornal Escolar de “La Región”, do 2 de decembro de 2020 dedican dúas páxinas ao noso proxecto coa filatelia. Dentro da reportaxe menciónase a colección dedicada á Mobilidade Sostible e segura.

  





15 de xaneiro de 2021: PREMIOS FILATÉLICOS

 


Coincidindo coa inauguración da Exposición Filatélica “ A miña primeira colección manuscrita” fíxose a entrega de premios da participación en Timbres Passion 2020 celebrada en Moulins (Francia) para a que fosen seleccionados dezaseis colecciones españolas e delas, cinco de mozos ourensáns, tres deles do colexio: os xuvenís galegos máis laureados, Jero González e Álex López saídos da canteira de Cisneros, e a alumna do mesmo centro 1º ESO Isabelly Carmo que presentou unha colección relacionada coa seguridade viaria titulada “La ciudad de las niñas y los  niños”.

Un novo éxito filatélico con selo ourensán e cuño de Cisneros! 


20 de xaneiro de 2021: SAÍMOS NA PRENSA

O xornal Escolar recolle o éxito filatélico e menciona a colección de seguridade viaria “La ciudad de las niñs y los niños”. 




28  de xaneiro de 2021: FALAN DE CISNEROS NO ARTIGO SOBRE O FUTURO DA SEGURIDADE VIARIA 

 


30 de xaneiro de 2021: DÍA DA PAZ 2021

Alumnas e alumnos de Cisneros desenvolveron distintos traballos para conmemorar o Día Escolar da Paz e non violencia 2021.

 




Por unha banda, algún alumnos deseñaron os símbolos da Paz con ilustracións que representaban a Paz viaria; por outro lado, os máis peques quixeron recordarnos que tamén podemos aplicalo ao tráfico, cando circulamos pola rúa ou imos nun vehículo para así pacificar a cidade:


  https://youtu.be/eXZEPBofl2U 

 


10 de xaneiro de 2021: DÍA DA PAZ  NA REVISTA DA DGT

A revista da Dirección Xeral de Tráfico recolle a actividade. Podedes vela no seguinte enlace: 

http://revista.dgt.es/es/educacion-formacion/noticias/2021/0129-Dia-Paz-Escolar.shtml#.YBWxJxZ7lPZ 

 




11 de febrero de 2021: DÍA DO 112

Cada 11 de febreiro celébrase o Día dos Servizos de Emerxencia 112 ou Día do 112. Ten como finalidade promocionar o uso adecuado do número de emerxencia 112 entre todas as persoas que conforman a Unión Europea.

Este número creouse coa finalidade de dispor dun número de teléfono ao cal recorrer en caso de emerxencia e de forma gratuíta para todos os estados membros da Unión Europea.

A orixe desta data dáse a partir do ano 2009, cando o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Consello da Unión Europea asinan o acordo para crear o Día Europeo anual do número de emerxencia 112. Foi por esta razón, que se elixiu o 11 de febreiro como unha forma de concienciar a todos os cidadáns da necesidade de coñecer a existencia deste número de emerxencia xa que de acordo a estudos realizados en anos anteriores, púidose coñecer que unha alta porcentaxe da poboación europea descoñecía a existencia deste número de teléfono de emerxencia, con cifras moi significativas próximas ao 80% dos enquisados.

O 11 de febreiro de 2021 celebrámolo no Colexio Cardenal Cisneros… https://youtu.be/g59bWfzjNEA

 


 


12 de febrero de 2021: ENTROIDO EN CISNEROS

A pesar das limitacións que o protocolo Covid esixía, e cumprindo as normas de seguridade: máscara, separación de burbullas, … o venres 12 de febreiro de 2021, a Comunidade Educativa do Colexio Cardenal Cisneros celebrou o Entroido. 

Converteuse nuha homenaxe aos héroes da pandemia: sanitarios, transportistas, limpadores, gardas civís, policías, bombeiros, …

Está claro que non podían faltar os que velan pola nosa seguridade viaria.

Unha xornada inesquecible polos momentos vividos. O agradecemento a todos os que o fixeron posible.

A alegría do alumnado a mellor recompensa!!!

 


Os nosos héroes na pandemia.  Entre eles os transportista co seu chaleco para baiXar dos vehículos...


https://youtu.be/NPvDFMYWa7Q




18 de febrero de 2021: SAÍMOS NO XORNAL

O xoves 18 de febreiro de 2021, o Xornal Escolar de “La Región” recolle algunhas imaxes do Entroido de Cisneros. Non puido ser coma outros anos debido á pandemia… Mais… reinventámonos e pasámolo moi, moi ben …

Entre as imaxes escolllidas: Os policías, os transportistas cos seus chalecos como debe ser, …

 


24 de febrero de 2021: SAÍMOS NO XORNAL ESCOLAR

 



19 de marzo de 2021: DÍA DO PAI

Unha pequena mostra do que nenas e nenas de Cisneros son capaces de facer polos seus “Papis” e para os seus “Papis”. Entre os detalles feitos, un sinal para o coche dos seus papás: “Coidado; o mellor papá do Mundo a bordo”.

https://youtu.be/GllC116o58w 



 


23 de marzo de 2021: CHARLA E ENTREGA DE MATERIAL DE EDUCACIÓN VIAL

Visita Cisneros o activista da Seguridade Viaria Beni Bouzada; despois dunha charla, agasallou ao alumnado cun conto “La Pandilla de la Rueda” acompañado de libro de actividades que servían para seguir concienciando sobre o tema. El material fue donado por la Fundación Smart Baby.  








6 de abril de 2021: DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE

O 6 de abril conmemórase o Día Internacional do Deporte para o desenvolvemento e a Paz, o profe de Educación Física do Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, quixo lembrar este día no 2021; recolleu algunhas imaxes do alumnado facendo exercicio. Entre outras cousas lembrábase os beneficios da actividade física incluido o camiñar para deixar de lado os vehículos facendo unha cidade máis segura e pacificada:

“O deporte ten o poder de cambiar o mundo e historicamente desempeñou un papel importante en todas as sociedades, xa sexa en forma de competicións deportivas, de actividade física sen máis ou mesmo de xogos. É un dereito fundamental e unha ferramenta poderosa para fortalecer os lazos sociais e promover o desenvolvemento sustentable, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.

A través das nosas habilidades individuais únicas e o noso poder colectivo, podemos unirnos e compartir formas creativas para mellorar a nosa saúde e benestar a través do deporte e a actividade física.

Neste día pedímosvos que vos manteñades activos, sans e solidarios nestes tempos de distanciamento físico e social. O espírito de equipo axudaranos a superar xuntos a incerteza e as dificultades actuais.”

https://youtu.be/3IOl0YJdJhQ 




7 de abril de 2021: FALAN DE NÓS E DA SEGURIDADE VIARIA

O Xornal Escolar de “La Región” do 7 de abril de 2021, recolle un artículo de Beni Bouzada no que fala das condutas responsables; inclúe unha reseña ao traballo que se leva a cabo en Cisneros. 

Gústanos a frase: 

“Neno educado en seguridade viaria é un futuro condutor concienciado” (Beni Bouzada)



22 de abril de 2021: FUNDACIÓN SMART BABY RECOGE EL TRABAJO DE EDUCACIÓN VIAL EN CISNEROS

A Fundación Smart Baby  recolle na súa web as actividades levadas a cabo en Cisneros co recurso didáctico “ La Pandilla de la Rueda”. Ao centro chegara da man de Beni Bouzada.

https://fundacionsmartbaby.com/la-pandilla-de-la-rueda-presente-en-escuelas-y-centros-de-formacion-a-traves-de-las-acciones-de-formacion-en-seguridad-vial-de-policias-locales-y-otras-instituciones/ 


23 de abril de 2021: DÍA DO LIBRO

O exemplo é a maneira de educar. Os maoires son o exemplo para os mñais peques do cole. No Día do Libro decidiron hacer lectura compartida do conto “La Pandilla de la Rueda” e realizar as actividades propostas.

Perfectamente involucrados, recrearon aos personaxes.

                                      





17 ao 23 de maio de 2021: VI SEMANA MUNDIAL DA SEGURIDADE VIARIA

"Streets for Life #love30" é a lema de VINA Semana Mundial da Seguridade Viaria das Nacións Unidas que se celebra do 17 ao 23 de maio. Este ano, a campaña céntrase na redución do límite de velocidade a 30 km/h nas zonas urbanas e 20km/h nas contornas escolares e residenciais. Ir a 30 salva vidas. Dínolo a alumnado de Cisneros que con ocasión da Semana Mundial da Seguridade Viaria crearon un simpático vídeo para as #Cidades30 .

https://youtu.be/z_86k5SqjJ0 

 


21 de maio de 2021: EDUCACIÓN VIAL NA EXPOSICIÓN FILATÉLICA

A Exposición filatélica organizada pola Sociedade Filatélica Miño incluiu a colección de Isabelly titulada “LA ciudad de las niñas y los niños” na que se describe como queremos as nosas ciudades.

A exposición foi visitada por diferentes grupos de alumnos como o que aparece na imaxe.

 


22 de maio de 2021: A DGT “TUITEA”O NOS TRABALLO

https://twitter.com/DGTes/status/1396005428421709832?s=1006

 


27 de maio de 2021: CHARLA ALCOHOL, DROGAS E CONDUCIÓN

Un grupo de alumnos da ESO asistiron a unha charla impartida polo activista da Seguridade Viaria, Beni Bouzada, membro de Atesugal-FETEVI.

Nesta ocasión centrábanse na incompatibilidade do consumo de alcohol e drogas e a condución. Ademais puideron ver as consecuencias que tiñan no organismo esas substancias e os efectos na persoa en o entorno dos sinistros viarios.

Un traballo previo de recollida de novas dos xornais con accidentes de tráfico provocados por condutores que deron positivo en drogas ou alcohol e unha análise dos mesmos completará o traballo co que se pretende concienciar á mocidade dos problemas reais e darlle razóns para poder evitalos.

    




28 de maio de 2021: EDUCACIÓN VIARIA EN INFANTIL

O alumnado de Infantil recibiu a visita de Beni Bouzada, activista da seguridade viaria de Atesugal-Fetevi. Non chegou só; veu acompañado da “Ranita Clic-Clic” e de ” Martiño” o amigo dos nenos.

Con eles, repasaron cando debían de cruzar os semáforos con Foro, Lino e Desi; cantaron cancións e lembraron que ir a 30 salva vidas.

Unha actividade moi completa e produtiva na que disfrutaron peques e maiores compartindo coñecementos; só hai que botar unha ollada ás imaxes.





  3 de xuño de 2021: DÍA DA BICI

O Día Mundial da Bicicleta, celébrase o 3 de xuño de cada ano, grazas a un decreto da ONU, proclamado no ano 2018. 

O obxectivo esencial de conmemorar esta data é darlle máis protagonismo a un medio de transporte como é a bicicleta e que o mesmo poida servir para paliar un pouco a crise do mundo actual debido á contaminación e ao cambio climático que está a experimentar o planeta. O alumnado de Cisneros traballou os benficios do uso da bici tanto para a saúde como para o medio ambiente. Ademais viñeron en bici ao cole e deron unhas voltiñas.



https://youtu.be/M4irBcPe3CI 




5 de xuño de 2021: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medio ambiente.

O alumnado de Cisneros celebrou o día, no 2021, con charlas de concienciación, debuxos creativos e construcións en 3D do mundo que desexan. Entre os traballos houbo lembranzas á mellora grazas a eliminación dos gases contaminantes dos vehículos; mellor camiñar ou ir en bici.

 




9 de xuño de 2021: DÍA DA BICI NO XORNAL

O 9 de xuño de 2021 o Xornal Escolar recolle o noso día de concienciaciación sobre o uso da bici.

 



9 de xuño de 2021: FALAN DE NÓS

O 9 de xuño de 2021, tamén no Xornal Escolar aparece o alumnado de Cisneros para representar o xeito de xerar boas condutas no eido da seguridade viaria.



18 de xuño de 2021: I ENCONTRO DO POLI MARCHOSO  E PEONÍN 30 EN CISNEROS

A gran festa da Seguridade Viaria tiña lugar en Cisneros o 18 de xuño de 2021. Un colofón para un ano con actividades (non todas a que se querían, debido a pandemia).

Cisneros converteuse na sede do I Encontro do Poli Marchoso, que chegou procedente de Oviedo co noso Peonín 30.

Ambos foron recibidos como heroes no centro cunha presentación realizada polo alumnado; despois todo foi unha festa con numerosas e variadas actividades de seguridade viaria dirixidas por José Vázquez Suárez e Beni Bouzada, organizador desta actividade e membro de FETEVI, Federación de Técnicos de Educación Viaria en Galicia.

O alumnado de Infantil, cantou o son de “Mi sillita”, “Al cole Caminado”, … sen esquecerse da ranita “Clic, Clic”, que por certo, tivo descendencia e unha delas vai para Oviedo e outra foi para a o próximo bebé da Profe Patri.

Os da ESO encargáronse do decorado e presentaron as conclusión de trabalos previos feitos con Beni, Os de Primaria fixeron a presentación dos dous e un grupo de alumnos de 1º da ESO foron os que remataron cunha pequena homenaxe ao noso Beni, o nos Peonín 30 que tanto nos axuda coa educación viaria.

Unha fermosa xornada chea de momentos inesquecibles.


  




https://youtu.be/qLevNQFZIU8


 


En plena actuación do Poli Marchoso aparece, de súpeto, Peonín 30 e interactúan como se se coñecesen de toda a vida. É raro… pois era a súa primeira vez!!! 

Graciñas aos dous polas ensinanzas que deixastes no noso alumnado. Haberá que repetir!!!

https://youtu.be/GJb4VyaHNKk 


 


19 de xuño de 2021: POLI MARCHOSO NA PRENSA

O Faro de Vigo do 19 de xuño recolle o acontecemento en Cisneros

https://www.farodevigo.es/ourense/2021/06/19/colegio-cardenal-cisneros-continua-implicado-53931131.html




 23 de xuño de 2021: ANDAINA FIN DE CURSO

Un grupiño de alumnas e alumnos decidiron percorrer ás beiras do Miño e descubrir pequenos recunchos con gran encanto da man da profe Ana.

Camiñar é un exercicio aeróbico con moitos beneficios: mellora a circulación, o estado de ánimo , o sono, potencia la concentración, prolonga a vida,… Para nós foi algo máis: unhas de convivencia na que nos coñecemos

Unha tarde divertida e enriquecedora na que os participantes aprenderon dun xeito diferente, malia que xa rematara o curso escolar.

Para o curso que vén, máis!!

https://youtu.be/yjF8VT6Gtq4

 



26 de xuño de 2021: CISNEROS E O POLI MARCHOSO NO XORNAL ESCOLAR DE TELEMIÑO

O 26 de xuño Telemiño emitía unha reportaxe falando da actividade do Poli Marchoso en Cisneros.

https://youtu.be/Nxcqbu7JogQ 

 


30 de xuño de 2021: POLI MARCHOSO EN CISNEROS NO XORNAL ESCOLAR

Como remate do mes, o Xornal Escolar recolle a aprendizaxe da educación viaria ao ritmo do Poli Marchoso.







Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...