jueves, 19 de mayo de 2022

Faláronnos do Camiño

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es img_4061.jpg
Todos moi atentos ás explicacións de Ramón

 O día 19 de maio de 2022 recibimos en Cisneros a visita de Ramón Fernández. Da súa man fixemos un bonito e interesante percorrido polo Camiño de Santiago, dun xeito ameno e distentido.

Ramón, con máis de 20 “camiños” feitos, é un gran coñecedor del e das súas lendas e tradicións. Graciñas por compartilo con nosco.

Tamén nos adiantou unha feliz nova: en breve, comezarase a gravación dunha nova serie televisiva titulada: “Doce no camiño“.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es img_4064.jpg
“As frechas do camiño”
La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es img_4069.jpg
Sara Dacal da Concellería de Educación con Ramón Fernández, felices ao remate da charla

Esta actividade puxo en valor a idea de facer o camiño a pé, en cabalo, en bicicleta; ou sexa empregando un medio de desprazamento sostible que coide o noso planeta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...