jueves, 30 de septiembre de 2021

Paseo ata o OUFF 2021

 Un grupo de alumnos da ESO do Colexio Cardenal  Cisneros acudiu ao Auditorio,  o 29 de setembro de 2021, para visionar o filme "La sala de Cristal"; unha película dirixida por Christian Lerch con Xari Wimbauer, Lisa Wargner, Hans Low, Luis Vorbach.

Participou en prestixiosos certames cinematográficos como CineKid Festival Amsterdam  2020 , o Luxembourg City Film Festival e o SCHLINGEL Internacional Film Festival 2020.


Estaba incluido dentro do Festival Internacional de Cine de OurenseOUFF é o certame internacional máis antigo de carácter competitivo que se realiza en Galicia, cun selo diferencial que transfire as fronteiras do país. A súa difusión está a gañar importancia, para consolidarse como un punto de encontro para afeccionados e profesionais no ámbito cinematográfico, principalmente en España, Galicia e o norte de Portugal, o que supón que se converteu nun gran foco de interese como evento para todas aquelas persoas relacionadas co audiovisual.

O alumnado aproveitou a ocasión para asistir camiñando e para lembrar as normas que se deben cumprir nos desprazamentos na cidade e entrou á sala a través da “Alfombra azul” coma os artistas asistentes. Unha experiencia diferente.

Anuncios

sábado, 25 de septiembre de 2021

O noso traballo viario en Telemiño

 O noso traballo encaminado cara unha mobilidade sostible e segura chamou a atención da Canle de Televisión, Telemiño, que o escolleu para o seu programa. 

No minuto 5:40 comeza...



viernes, 24 de septiembre de 2021

Charlas viarias: Beni Bouzada


 

Beni  Bouzada visitou o centro e achegou á Ranita Clic-Clic, a Martiño Peregrino, Foro, etc.

para que o alumnado aprendese e/ou lembrase as normas para que os pesprazamentos sexan seguros.

Ademais animounos a chegar ao centro camiñando.





miércoles, 22 de septiembre de 2021

Saímos no Xornal coa mobilidade

 O 22 de setembro de 2021 saímos no Xornal Escolar de "La Región" cos traballos sobre seguridade viaria realizados co gallo da Semana Europea da Mobilidade.




viernes, 17 de septiembre de 2021

Clipmetraxe para a Semana Europea da Mobilidade

 Alumnado de Cisneros de diferentes niveis educativos decidiu concienciar á cidadanía creando un clipmetraxe no a que animan a camiñar máis, empregar a bicicleta e o transporte público.

Isto encaixado nas actividades desenvolvidas pola Semana Europea da Mobilidade 2021.




jueves, 16 de septiembre de 2021

Carteis para Semana da Mobilidade 2021

 A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar aos cidadáns en canto ao uso do transporte público, en bicicleta e peonil e a animar ás cidades europeas a que promovan estes modos de transporte e a que invistan nas novas infraestruturas necesarias para isto. Celébrase cada ano, e no 2021 coincide do 16 ao 22 de setembro.
Alumnado de Cisneros traballou en grupo e conseguiron plasmar as sùas ideas en carteis que foron expostos na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.




"Móvete pola túa saúde"



Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...