miércoles, 22 de diciembre de 2021

Entrevista a la profe

 Asun Adá, en su canal “Desde El retrovisor” entrevista á nosa profe Marila Abad.

En Cisneros, como non podía ser menos, Asun e Marila, ex alumna e profe, charlan sobre educación, proxectos e lembranzas compartidas,…

Entre os proxectos dos que se fala non se esqueceu dos dedicados á educación viaria.

#DesdeElRetroVisor#AsunAdá#EntrevistasConscientes

#DesdeElRetrovisor #AsunAdá #EntrevistasConscientes #CisnerosOurense

martes, 21 de diciembre de 2021

Agasallos polo traballo viario

 O alumnado de Cisneros recibiu agasallos da Xefatura Provincial de Tráfico polo traballo que se realiza en pro da seguridade viaria.

Os máis peques pulseiras reflectantes, outros chalecos, cintas ou mochilasque lles axudarán a desprazarse dun modo máis seguro.

Moi contentos posaron con eles.

viernes, 17 de diciembre de 2021

VESpapanoelada Solidaria

 

A Comunidade Educativa de Cisneros animouse a participar na VES papanoelada solidaria organizada polo Club de Vespa – Lambreta Avispados de Ourense que contou coa colaboración da Concellería de Educación.

Recolléronse produtos que irán ao banco de alimentos da cidade. Representantes do Clube acudiron a Cisneros para recollelos e isto converteuse nunha festa para os que alí estaban.

As nenas e os nenos puideron comprobar que os Papá Noel chegaron en moto e a pesares da súa fama, todos eles levaban posto o seu casco para coidar a súa integridade física. Un fermoso exemplo.

Grazas por contar connosco!!!


jueves, 16 de diciembre de 2021

Agasallos viarios

Hoxe recibimos unha agradable visita: o Delegado en Ourense de FETEVI, Federación Estatal de Técnicos de Educación Viaria, Beni Bouzada; percorreu algunhas aulas de Primaria acompañado de Martiño O Peregrino Viario lembrando as boas prácticas como peóns e como condutores.

Despois agasallou ao alumnado co conto “La Pandilla de la Rueda” acompañado de libro de actividades que servían para seguir concienciando sobre o tema. 

O material foi doado pola Fundación Smart Baby.  

Moitas grazas, Beni!!!

Anuncios

miércoles, 15 de diciembre de 2021

Falan de nós e a filatelia no Xornal

 No Xornal Escolar de “La Región” do 15 de decembro de 2021, dedican unha ampla reportaxe ao éxito obtido pola filatelia de Cisneros no Campionato de España Xuvenil desta modalidade.

Entre as coleccións atopábanse dúas relacionadas coa educaión viaria.

"Mobilidade segura e sostible" do Taller de Filatelia que levou a máxima puntuación nesa categoría; e a de Isabelly Carmo Valverde "La ciudad de los niños y las niñas". Ambas recuerdan que debemos facer e as consecuencias de non cumprir as normas.

Grazas mozas e mozos polo voso traballo que leva o nome do voso cole polo Mundo.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

Saímos no Xornal

 O Xornal Escolar do 1 de decembro de 2021 da conta do traballo realizado polo alumnado polo Día Mundial en Lembranza das Vítimas de Acccidentes Viarios.

A verdade é que o traballo realizado polo alumnado chamou a atención.

Lembrámolo!!

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...