viernes, 21 de febrero de 2020

Aprendendo coa Curz Vermella

O venres 21 de febreiro de 2020,  o noso alumnado aprendeu como actuar ante accidentes nos que poda perigar a vida dunha persoa.

Un xeito máis de consolidar e adquirir coñecementos que o profe Iago tratara e tratará na materia de Educación Física. 

Grazas ao membros de Cruz Vermella puideron coñecer e aplicar os diferentes protocolos de primeiros auxilios como o protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer), a Reanimación cardiopulmonar ou o protocolo O.V.A.C.E. para actuar ante afogamentos.




Oxalá nunca os teñamos que por en práctica, pero de ser o caso, estaremos máis preto de salvar unha vida!
A actividade que foi promovida polo profe de Educación Física, Iago, está incluida no Plan Proxecta da Xunta de Galicia “Mobilidade Sostible e Segura” e no proxecto europeo Stars nos que participa Cisneros no curso 2019-2020.

miércoles, 12 de febrero de 2020

Unidade didáctica "Seguriño"

Dentroda programación da materia de Educación Física, o profe Iago traballou co unidade didáctica "Seguriños" para achegar a prevención e a actuación en accidentes.

Obxectivo: Coñecer os protocolos de primeiros auxilios, así como as medidas de prevención de accidentes deportivos, vinculándoos ás actividades vistas neste curso e tendo especialmente en conta, aquelas realizadas fora do centro educativo e no medio natural.

Metodoloxía: Aprendizaxe cooperativo.

Descrición: Pertence a unha unidade didáctica chamada "Seguriños" que tivo as seguintes fases:
  1. Distribución en grupos de traballo: por parellas e asignación dun protocolo en concreto a cada parella.
  2. Investigación sobre o protocolo que lle costou a cada parella e posterior contraste/corrección cos apuntes da materia.
  3. Creación de material para a posterior exposición do protocolo (Carteis/esquema e deseño do guión da exposición.
  4. Exposición dos diferentes protocolos entre os compañeiros/as da propia clase.
  5. Exposición a compañeiros/as doutras aulas, previa coordinación cos outros docentes.
  6. Asistencia ao centro de membros da Cruz Vermella para facer unha explicación máis detallada e con material axeitado que permite ensaiar os protocolos: Centrouse no protocolo OVACE e RCP.




Os protocolos que se viron na aula foron:
  • Parella 1: Protocolo PAS (Protexer, avisar e socorrer) e OVACE (Obstrucción de vias aéreas por corpo extraño)
  • Parella 2: Protocolo RCP (Reanimación Cardio-pulmonar) explicando tamén a Posición lateral de seguridade (PLS).
  • Parella 3: Prevención de accidentes no medio natural ("planifica, equípate e actúa con prudencia") e protocolo RICE (Repouso, Xeo, Compresión, Elevación) 

lunes, 3 de febrero de 2020

#SenVandalismo Sesión 2 na aula


O 3 de febreiro reuniamonos de novo con Alba e Alba de APES para seguir profundizando sobre o Vandalismo dentro do proxecto #SenVandalismo.

 
2020-02-03- APES Cisneros 2 (2)


Coñecemos os seis tipos de vandalismo, os factores que inflúen na súa aparición, as características interpersoais que afectan á persoa integrante dunha banda, …

 Por suposto, falouse do vandalismo viario.



Despois da sesión... a traballar en familia!

#SenVandalismo Sesión 2

Para traballar coas familias despois da sesión 2 do proxecto #SenVandalismo desenvolvido con APES e a Fundación Barrié…

Un bo momento para a observación en familia; para ir na procura de sinais en mal estado: caídas, esnaquizadas, pintadas,... que dificultan a mobilidade segura de peóns e condutores!!

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...