lunes, 1 de julio de 2019

Concienciando dende Onda Cero



O alumnado de Cisneros segue loitando por acadar a seguridade viaria aínda que estea de vacacións.
Un grupo de alumnas e alumnos acompañados de profesores e avós acudiron aos estudios de Onda Cero en Ourense para realizar unhas gravacións; ían acompañados por voluntarios de Atesugal-FETEVI, defensores da seguridade viaria.

Pasaron ao set onde gravaron unas cuñas publicitarias nas que se apelaba ao cumprimento das normas viarias por parte dos peóns e dos condutores, entre elas:
Non conducir se bebemos
Non usar o móbil mentres conduces
O uso do cinto de seguridade
A importancia dos sistemas de retención infantil
A obriga de respectar os semáforos, …




As súas voces aparecerán durante varios meses en Onda Cero para concienciar e sensibilizar.
De novo, aprendizaxe e servizo á Comunidade máis alá das aulas.
Grazas a Onda Cero por facer posible unha actividade tan enriquecedora para os participantes, convertendo o seu traballo en fonte de concienciación e sensibilización sobre a seguridade viaria.

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...