viernes, 5 de junio de 2020

Día do Medio Ambiente

O 5 de xuño celébrase o Día do Medio Ambiente.
O alumnado de Cisneros quixo celebralo enviando dende as casas fotos e imaxes de traballos dos que fixemos unha selección e reunimos nunha montaxe.
Un 2020 diferente.


Que todo sexa por concienciar, sensibilizar e… salvar o Planeta coidando o Medio Ambiente.

Na montaxe, lémbrannos que usemos a bici xa que non contamina!!
#MobilidadeSegura
#MobilidadeCívica

miércoles, 3 de junio de 2020

Día Mundial da Bici

O Colexio Cardenal Cisneros de Ourense conmemora o Día Mundial da Bicicleta, o 3 de xuño de 2020, lembrando as bondades do seu uso e o necesario que é o emprego do casco.
Imaxes de rapazas e rapaces en bici e traballiños para a ocasión.
Ademais lembraron o tríptico creado can anterioridade en grupo na aula; un tríptico para colorear no que se explica como hai que colocar o casco…

Podedes descargalo no seguinte enlace:

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...