miércoles, 29 de enero de 2020

Saímos no Xornal: Plan de Centro

O 29 de xaneiro de 2020 o Xornal Escolar de La Región, dedícanos dúas páxinas nas que fala do  proxecto de centro de Cisneros e das actividades que están en marcha.
Entre elas aparece a participación no Plan Proxecta da Xunta de Galicia de Mobilidade Sostible e Segura.

lunes, 27 de enero de 2020

Proximamente I Andaina Solidaria pola Paz

O sábado 1 de febreiro de 2020 iremos de Andaina a Comunidade Educativa con todos os que queirades facernos compaña.
Será a I Andaina Solidaria pola PAZ; só pedimos como inscripción que traiades alimentos non perecedoiros que serán entregados á Cruz Vermella e ao Banco de Alimentos.
Obxectivo:
  • Conmemorar o Día Escolar da Paz e non Violencia
  • Animar a unha vida saúdable
  • Promover os desprazamento sostibles e seguros
  • Coidar o medio ambiente (xa que un grupo irá recollendo o lixo que atopemos polo camiño)
Data: Sábado 1 de febreiro
Hora: 11:30 h
Saída: Colexio Cardenal Cisneros (Rúa Pardo Bazán, 21 – 32004 Ourense)
Meta: Ponte Romana
Roteiro: Cisneros – Pavillón dos Remedios-Ribeira do río Miño pasando por Oira-Ponte Romana
Distancia aproximada: 4,5 km
Tempo aproximado: 1h

domingo, 26 de enero de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente


Pequenas Amazonias do alumnado de Cisneros
“Moita xente pequena,
en lugares pequebos,
facendo cousas pequenas,
pode cambiar o mundo”
(Eduardo Galeano)
O 26 de xaneiro conmemórase a Día Mundial da Educación Ambiental, unha efeméride que busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.
A educación ambiental vén crear conciencia en todas as persoas sobre a importancia de coidar o medio ambiente, de protexer a flora e a fauna das súas localidades e sumarse ás iniciativas mundiais. Pero tamén busca facer presión aos gobernos para que cren políticas que resgarden as contornas naturais e dean solucións ás problemáticas ambientais do seu país.
“Ensinar a coidar o medio ambiente é ensinar a valorar a vida”

#EA26


Para poder coidar, hai que amar; e para que algo nos poida gustar, hai que coñecelo.
Que mellor forma de coñecer a nosa contorna que percorrela a pé respectando as normas de mobilidade.

#DíaMundialDoMedioAmbiente 
#MobilidadeCívica 
#CisnerosOurense

martes, 21 de enero de 2020

Sesión 1 #SenVandalismo

O proxecto #SenVandalismo fomentará a conciencia social do alumnado en materia de prevención do vandalismo, formándose como “Investigadores Sociais”.
Na primeira sesión, o alumnado participante traballou coas dúas “Alba” de APES o concepto de Vandalismo con actividades de reflexión e colaboración:
Que é o vandalismo?
Que causa ese comportamento?
Onde ocorre?

domingo, 19 de enero de 2020

Comeza o Proxecto #SenVandalismo Cisneros+APES+Fundación Barrié

O colexio Cardenal Cisneros únese de novo no curso 2019-2020 a iniciativas promovidas pola Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) e a Fundación Barrié. Trátase neste caso do proxecto #SenVandalismo co que se fomentará a conciencia social do alumnado en materia de prevención do vandalismo, formándose como “Investigadores Sociais”.
Nel aplicarase a metodoloxía pedagóxica de aprendizaxe-servizo que permite a docentes e alumnado combinar, co currículo académico, toda a formación adquirida en materia de vandalismo ao mesmo tempo que se implican na realización dunha campaña de sensibilización social sobre a prevención dos danos e riscos que carrexa o vandalismo. Traballarán no proxecto o alumnado, os seus profesores e familias.
Constará de tres fases: unha primeira de investigación da temática; unha segunda onde definirán e deseñarán unha acción social, e finalmente unha terceira fase na cal desenvolverán a acción social deseñada, que estará destinada a sensibilizar sobre a temática que investigaron.
 Os materiais didácticos que se empregarán nas distintas fases do proxecto teñen como característica principal a adecuación ás idades do alumnado e ás materias académicas do curso, e están compostos por fichas de traballo para a aula, fichas para traballar coa familia en casa e material audiovisual elaborado expresamente para motivar aos alumnos a lograr os retos expostos.
 Así mesmo, utilizarase a plataforma dixital de aprendizaxe do centro educativo, como ferramenta para facilitar a comunicación entre docentes e alumnado e para fomentar a participación de pais e nais nas iniciativas.

O proxecto tamén terá unha parte relacionada co Plan Proxecta da Xunta de Galicia de "Mobilidade Sostible e Segura" no que participa o centro baixo o título "Mobilidade Cívica".
Hai que ter en conta que os actos vandálicos nos sinais da vía pública son unha carga de gastos para os Concellos e unha  fonte de posibles sinistros.
Un sinal de tráfico pintado, esnaquizado, caído, ... pode provocar confusión para peóns e condutores e desencadear un accidente; por iso debemos concienciar e sensibilizar.

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...