viernes, 20 de septiembre de 2019

Cisneros recibe acreditación STARS


O Colexio Cardenal Cisneros é un dos tres colexios galegos que participan no proxecto STARS.
Xunto ao DivinaPastora da cidade e o María Inmaculada, de Verín, recibiron as acreditacións por participar no programa europeo STARS, que promove a mobilidade segura e sustentable aos colexios e institutos.
O acto de entrega destas acreditacións celebrouse o 20 de setembro de 2019 na Subdelegación do Goberno, onde o subdelegado, Emilio González Afonso, o xefe provincial da DXT, David Llorente, e o capitán do Subsector de Tráfico da Garda Civil , Anxo Rafael Rodríguez, foron as autoridades que entregaron as acreditacións a alumnos e profesores coordinadores do programa.
Un acto emotivo ao que asistiu o director do centro, Beni López Feijoo, a coordinadorado programa, Marila Abad e unha representación do alumnado para recibir a Medalla de Prata.
David Llorente explicou que a entrega se realiza o 20 de setembro por estarse celebrando a Semana Europea da Mobilidade e ser este un programa que fomenta o uso da bicicleta ou o camiñar para chegar aos centros escolares. Llorente agradeceu publicamente o labor da coordinadora provincial de eduación viaria, Sinda Aguiar, polo seu traballo de dinamización cos centros.
A nosa profe, Marila Abad repasou as actividades que fixeron no seu centro neste campo. A colaboración de activistas como Beni Bouzada ou da coordinadora da DXT, Sinda Aguiar, permitiulles ampliar a perspectiva e o número de accións, expuxo. Ademais de charlas e talleres dentro do centro, saíron á rúa cunha aula aberta. O programa STARS no Cardenal Cisneros fano alumnos de Secundaria pero Abad matizou que todo o centro está relacionado con el.
Sinda Aguiar mencionou que en Cisneros teñen o programa de reciclaxe de bicicletas que facilita o traspaso deste medio de locomoción aos alumnos que o necesiten.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, apuntou que apoian estes programas de defensa do medio ambiente e da seguridade viaria e que hai que seguir traballando neles.
o centro recibe a Medalla de Plata polo seu labor en pro da seguridade

lunes, 16 de septiembre de 2019

Circuito urbano na Semana da Mobilidade

Con motivo da Semana da Mobilidade Europea, ás 10 da mañá comezou un circuito urbano a pé con escolares de diferentes centros.
 
Un grupo de alumnos de Cisneros aproveitaron de facer o camiño escolar e uníronse á iniciativa do Concello acompañados tamén por Sinda Aguiar, a Coordinadora da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

Foron camiñando ata o Xardín do Posío e alí disfrutaron dun espectáculo de contacontos titulado "A modo a modiño" da compañía Trécola Teatro.

Tamén forn entrevistados para a televisión...
 

Semana da mobilidade: preparativos

Semana Europea de la Mobilidade é unha campaña de concienciación dirixida a sensibilizar aos ciudadáns en canto ao uso do transporte público, en bicicleta e a pé e animar ás cidades europeas a que promovan estes modos de transporte e a que invirtan nas novas infraestructuras necesarias para isto.
Celébrase cada año del 16 al 22 de setembro. Trátase dun evento que conta co  apoio político da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, durante a que multitude de cidades europeas dedican toda unha semana a actividades dirixidas á concienciación en torno aos múltiples aspectos da mobilidade sostible
No ano 2019 o lema é "Camiñar e pedalear de forma segura".
Alumnado de Cisneros comezou a plasmar en debuxos acompañados con algún textos a súa forma de ver a mobilidade e os seus desexos.



Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...