Uns peques do Cisneros
colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas
motocicletas de verdade.
Non perdades a lección que se
dan entre iguais para colocar ben o casco.
Uns peques do Cisneros
colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas
motocicletas de verdade.
Non perdades a lección que se
dan entre iguais para colocar ben o casco.
Os días 19 e 20 de maio de 2022 a profesora de Cisneros, Mª Elisa Abad “Marila” desprazouse a Narón (A Coruña) para participar no III Congreso Galego de Seguridade e Educación Viaria; xunto con Sinda Aguiar, Coordinadora de Educación Viaria na Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense foron as representantes ourensáns no evento organizado polo Concello de Narón e a Rede Cidades que camiñan.
Un foro sobre mobilidade, cultura
viaria e espazo público no que participaron relevantes personalidades.
Múltiples perspectivas para analizar como enfocar as accións públicas e como
contribuír desde distintos ámbitos a mellorar os nosos espazos habitados, sexan
do tamaño que sexan.
Profesorado en formación que trouxo
ao centro as novidades para compartilas co alumnado.

O día 19 de maio de 2022 recibimos en Cisneros a visita de Ramón Fernández. Da súa man fixemos un bonito e interesante percorrido polo Camiño de Santiago, dun xeito ameno e distentido.
Ramón, con máis de 20 “camiños” feitos, é un gran coñecedor del e das súas lendas e tradicións. Graciñas por compartilo con nosco.
Tamén nos adiantou unha feliz nova: en breve, comezarase a gravación dunha nova serie televisiva titulada: “Doce no camiño“.


Beni Bouzada activista vial de Atesugal.FETEVI visitou o centro para repasar cos máis peques as normas que lles axudarán a moverse máis seguros.
Estaba acompañado da “Ranita Clic-clic” e de Martiño o peregrino que lle axudaron a lembrar o uso do cinto de seguridade, e as cores do semáforo.

Unha selección de momentos…
Vídeo de concienciación sobre seguridade viaria creado por alumnas e alumnos de Cisneros.
Sinopse:
Un accidente con patinete pode non ter segunda oportunidade.
No vídeo terala, na vida talvez non.
Sen casco voas e estrélasche. Usa casco!
Autores:
Fernando Tejada Recarey, Zaida Outeiriño Rodríguez e Anxo Feijoo Prada alumnos de 4º ESO do CPR Cardeal Cisneros de Ourense.
Maio de 2022
Resume as actividades realizadas ao longo do curso escolar 2023-2024 relacionadas coa Mobilidade Sostible, Segura e Saudable. Memoria Plan ...