miércoles, 12 de febrero de 2020

Unidade didáctica "Seguriño"

Dentroda programación da materia de Educación Física, o profe Iago traballou co unidade didáctica "Seguriños" para achegar a prevención e a actuación en accidentes.

Obxectivo: Coñecer os protocolos de primeiros auxilios, así como as medidas de prevención de accidentes deportivos, vinculándoos ás actividades vistas neste curso e tendo especialmente en conta, aquelas realizadas fora do centro educativo e no medio natural.

Metodoloxía: Aprendizaxe cooperativo.

Descrición: Pertence a unha unidade didáctica chamada "Seguriños" que tivo as seguintes fases:
  1. Distribución en grupos de traballo: por parellas e asignación dun protocolo en concreto a cada parella.
  2. Investigación sobre o protocolo que lle costou a cada parella e posterior contraste/corrección cos apuntes da materia.
  3. Creación de material para a posterior exposición do protocolo (Carteis/esquema e deseño do guión da exposición.
  4. Exposición dos diferentes protocolos entre os compañeiros/as da propia clase.
  5. Exposición a compañeiros/as doutras aulas, previa coordinación cos outros docentes.
  6. Asistencia ao centro de membros da Cruz Vermella para facer unha explicación máis detallada e con material axeitado que permite ensaiar os protocolos: Centrouse no protocolo OVACE e RCP.




Os protocolos que se viron na aula foron:
  • Parella 1: Protocolo PAS (Protexer, avisar e socorrer) e OVACE (Obstrucción de vias aéreas por corpo extraño)
  • Parella 2: Protocolo RCP (Reanimación Cardio-pulmonar) explicando tamén a Posición lateral de seguridade (PLS).
  • Parella 3: Prevención de accidentes no medio natural ("planifica, equípate e actúa con prudencia") e protocolo RICE (Repouso, Xeo, Compresión, Elevación) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...