viernes, 21 de febrero de 2020

Aprendendo coa Curz Vermella

O venres 21 de febreiro de 2020,  o noso alumnado aprendeu como actuar ante accidentes nos que poda perigar a vida dunha persoa.

Un xeito máis de consolidar e adquirir coñecementos que o profe Iago tratara e tratará na materia de Educación Física. 

Grazas ao membros de Cruz Vermella puideron coñecer e aplicar os diferentes protocolos de primeiros auxilios como o protocolo PAS (Protexer, Avisar e Socorrer), a Reanimación cardiopulmonar ou o protocolo O.V.A.C.E. para actuar ante afogamentos.




Oxalá nunca os teñamos que por en práctica, pero de ser o caso, estaremos máis preto de salvar unha vida!
A actividade que foi promovida polo profe de Educación Física, Iago, está incluida no Plan Proxecta da Xunta de Galicia “Mobilidade Sostible e Segura” e no proxecto europeo Stars nos que participa Cisneros no curso 2019-2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...