sábado, 25 de mayo de 2019

Seminario Stars

Do 22 ao 24 de maio de 2019 a profe Marila participou no IV Seminario "RED ESPAÑOLA CIUDADES STARS" que se celebró en la localidad segoviana de Valsaín.
Acudiron técnicos de administracións, coordinadores de educación vial da DGT, consultoras, ONGs, profesores implicados en proxecto STARS, co obxectivo de promocionar a mobilidade activa e sostible entre infancia e adolescencia.

A primeira xornada foi compartida co Seminario de Mobilidade e Infancia que versaba sobre saúde, cidade e cambio climático.
Na sede do CENEAM, Centro Nacional de Educación Ambiental, e acompañada pola Coordinadora de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Sinda, Marila presentou o proxecto "Ourense Educa e Involucra" no que levamos participando hai tempo, con numerosas actividades que se foron detallando na ponencia:
Charlas, Obradoiros, Actuacións, e saídas a pé de rúa... ademais do proxecto final, a colección  de filatelia temática titulada "Mobilidade Segura".

Presentación por Sinda


Presentando o  Colexio



Dando a coñecer ao equipo de traballo


A colección filatélica


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Memoria Plan Proxecta Mobilidad Segura 2023-2024

 Resume as actividades realizadas ao longo do curso escolar 2023-2024 relacionadas coa Mobilidade Sostible, Segura e Saudable. Memoria Plan ...