viernes, 17 de diciembre de 2021

VESpapanoelada Solidaria

 

A Comunidade Educativa de Cisneros animouse a participar na VES papanoelada solidaria organizada polo Club de Vespa – Lambreta Avispados de Ourense que contou coa colaboración da Concellería de Educación.

Recolléronse produtos que irán ao banco de alimentos da cidade. Representantes do Clube acudiron a Cisneros para recollelos e isto converteuse nunha festa para os que alí estaban.

As nenas e os nenos puideron comprobar que os Papá Noel chegaron en moto e a pesares da súa fama, todos eles levaban posto o seu casco para coidar a súa integridade física. Un fermoso exemplo.

Grazas por contar connosco!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Memoria Plan Proxecta Mobilidad Segura 2023-2024

 Resume as actividades realizadas ao longo do curso escolar 2023-2024 relacionadas coa Mobilidade Sostible, Segura e Saudable. Memoria Plan ...