jueves, 30 de septiembre de 2021

Paseo ata o OUFF 2021

 Un grupo de alumnos da ESO do Colexio Cardenal  Cisneros acudiu ao Auditorio,  o 29 de setembro de 2021, para visionar o filme "La sala de Cristal"; unha película dirixida por Christian Lerch con Xari Wimbauer, Lisa Wargner, Hans Low, Luis Vorbach.

Participou en prestixiosos certames cinematográficos como CineKid Festival Amsterdam  2020 , o Luxembourg City Film Festival e o SCHLINGEL Internacional Film Festival 2020.


Estaba incluido dentro do Festival Internacional de Cine de OurenseOUFF é o certame internacional máis antigo de carácter competitivo que se realiza en Galicia, cun selo diferencial que transfire as fronteiras do país. A súa difusión está a gañar importancia, para consolidarse como un punto de encontro para afeccionados e profesionais no ámbito cinematográfico, principalmente en España, Galicia e o norte de Portugal, o que supón que se converteu nun gran foco de interese como evento para todas aquelas persoas relacionadas co audiovisual.

O alumnado aproveitou a ocasión para asistir camiñando e para lembrar as normas que se deben cumprir nos desprazamentos na cidade e entrou á sala a través da “Alfombra azul” coma os artistas asistentes. Unha experiencia diferente.

Anuncios

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...