viernes, 20 de septiembre de 2019

Cisneros recibe acreditación STARS


O Colexio Cardenal Cisneros é un dos tres colexios galegos que participan no proxecto STARS.
Xunto ao DivinaPastora da cidade e o María Inmaculada, de Verín, recibiron as acreditacións por participar no programa europeo STARS, que promove a mobilidade segura e sustentable aos colexios e institutos.
O acto de entrega destas acreditacións celebrouse o 20 de setembro de 2019 na Subdelegación do Goberno, onde o subdelegado, Emilio González Afonso, o xefe provincial da DXT, David Llorente, e o capitán do Subsector de Tráfico da Garda Civil , Anxo Rafael Rodríguez, foron as autoridades que entregaron as acreditacións a alumnos e profesores coordinadores do programa.
Un acto emotivo ao que asistiu o director do centro, Beni López Feijoo, a coordinadorado programa, Marila Abad e unha representación do alumnado para recibir a Medalla de Prata.
David Llorente explicou que a entrega se realiza o 20 de setembro por estarse celebrando a Semana Europea da Mobilidade e ser este un programa que fomenta o uso da bicicleta ou o camiñar para chegar aos centros escolares. Llorente agradeceu publicamente o labor da coordinadora provincial de eduación viaria, Sinda Aguiar, polo seu traballo de dinamización cos centros.
A nosa profe, Marila Abad repasou as actividades que fixeron no seu centro neste campo. A colaboración de activistas como Beni Bouzada ou da coordinadora da DXT, Sinda Aguiar, permitiulles ampliar a perspectiva e o número de accións, expuxo. Ademais de charlas e talleres dentro do centro, saíron á rúa cunha aula aberta. O programa STARS no Cardenal Cisneros fano alumnos de Secundaria pero Abad matizou que todo o centro está relacionado con el.
Sinda Aguiar mencionou que en Cisneros teñen o programa de reciclaxe de bicicletas que facilita o traspaso deste medio de locomoción aos alumnos que o necesiten.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, apuntou que apoian estes programas de defensa do medio ambiente e da seguridade viaria e que hai que seguir traballando neles.
o centro recibe a Medalla de Plata polo seu labor en pro da seguridade

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...