jueves, 4 de abril de 2019

Apadriñamento viario en Cisneros

O 4 de abril de 2019, un grupo de alumnos e alumnas de Cisneros participaron nunha interesante actividade da man do activista viario Beni Bouzada, dentro do proxecto "Ourense Educa e Involucra".
Procedeuse ao nomeamento de "Madriñas e Padriños Viarios"; mozos e mozas de Primaria que apadriñan a peques de Educación Infantil cos que xa compartiron a súa primeira experiencia: dar cor a "dúas mans" a escenas relevantes de educación viaria.
Os apadriñados compartirán experiencias fóra da aula, a pé de rúa, cos seus padriños e madriñas; todos eles recibiron os seus respectivos carnés que os acreditan da man do "Gran Mestre Viario".
Unha enriquecedora experiencia de "aprendizaxe e servizo" dentro da Comunidade Educativa que relaciona a alumnado de distintos niveis educativos unidos por un valor cívico.
Cisneros participa no Plan Proxecta "Mobilidade Sustentable e Segura" da Xunta de Galicia e no proxecto europeo Stars para o que conta co apoio de entidades externas, a DGT coas que comparten tarefas e ilusión por mellorar a seguridade viaria evitando sinistros viarios.
Para finalizar, apareceu o Super Heroe "Peonín 30" co que todos cantaron e bailaron ao son dunha coñecida canción á que se adaptou unha letra con normas a cumprir por maiores e pequenos.
 Entrega de acreditacións


 Primeira actividade compartida:
Padriños e madriñas compartindo coloreado de debuxos... a catro máns




 Foto de familia



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...