miércoles, 20 de marzo de 2019

Primeiros Auxilios


Un grupo de alumnos e alumnas de Cisneros participaron na actividade promovida pola Concellería de Educación do Concello de Ourense: "Primeiros Auxilios e Actuacións en situacións de emerxencia", impartida por Mª de las Nieves González.
O 20 de marzo de 2019, o alumnado participou de forma activa, facendo distintos tipos de prácticas de socorrismo. O obxectivo é proporcionarlle as ferramentas para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala.
Tamén coñeceron as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios.
E lembraron o que tiñan que usar para desprazarse de modo seguro: casco na bici, cinto no coche, sistemas de retención infantil para os máis cativos, ...

Un resumo de bos momentos...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...