domingo, 24 de febrero de 2019

Colección temática de filatelia "Mobilidade Segura"

Alumnos e alumnas de Cisneros, decidiron montar unha colección temática de filatelia centrada no tema da mobilidade.
Para iso precisaban de selos, cuños, cartas, tarxetas que tiveran no seu motivo os sinais de tráfico, os accidentes,... para o que contaron co apoio da Sociedade Filtélica Miño de Ourense e as Federación Galega e Española de Sociedades Filatélicas, FEGASOFI e FESOFI.
Despois de traballar o tema e consensualo, clasificar o material filatélico, tiñan que facer un esquema do que ían desenvolver ao longo de 32 páxinas.
Dividiron en dúas partes: nunha delas falaron das normas que se deben cumprir en canto ao tráfico e noutra trataron as consecuencias de incumprilas.
Aquí temos algunha imaxe do proceso e dalgunha peza...
Desexando ver o traballo final!!!
 Despegado de sellos
 Clasificación



Preparando os selos en filoestuches

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...