lunes, 28 de enero de 2019

Cisneros no Día Mundial pola redución do CO2 2



O 28 de xaneiro é a data designada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) como o Día Mundial pola redución das emisións de CO2, amén chamado Día Mundial da Acción fronte ao Quecemento Terrestre.


O Colexio Cardenal Cisneros de Ourense está no proxecto Europeo STARS (Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sostibles para Colexios) na procura duns desprazamentos sostibles e seguros que axudarán a cumprir os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) 11 e 13 da Axenda 2030.
ODS 11: Lograr cidades inclusivas, seguras, resilientes e sostibles.
ODS 13: Adoptar medidas para combater o cambio climático e os seus efectos
Por iso, ás 12h da mañá, a Comunidade educativa de Cisneros realizou unha “Microacción” na entrada do centro.
Simularon a saída do Colexio a unha cidade contaminada polo que se poñían unas mascarillas; con elas pretendíase concienciar sobre este problema involucrando ao alumnado na procura de solucións.Os rapaces e rapazas aportaron así unha “Pílula saudable” para ir “curando” esta Terra.
Ademais fixeron un “photocall” no que se fotografaron con frases e etiquetas para difundilo nas redes co que ademais de involucrarse, conciéncianse e van concienciar: #ReduceC02, #StopPolucion, #Axenda2030
“A única maneira de avanzar, se imos mellorar a calidade do medio ambiente, é involucrar a todo o mundo” (Richard Rogers)




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...