viernes, 9 de noviembre de 2018

"O casco dáche vida, úsao"

O 9 de novembro de 2018 recibiamos a visita do Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, grazas á colaboración de Beni Bouzada, Delegado de Stop Accidentes en Ourense.

Beni López (Director Cisneros) e  Beni Bouzada (Stop Accidentes) con Juan Carlos Muñiz

Ambos lles explicaron ao alumnado as vantaxes de desprazarse en bicicleta e a necesidade de facer uso do casco nos desprazamentos para ir seguro.

De feito, ensinoulles o casco que a el lle salvou a vida nunha aparatosa caída cando circulaba en bicicleta; exteriormente o casco podía pasar, pero o seu interior estaba totalmente esnaquizado polo impacto.

Os máis peques do cole, realizaron un simulacro de accidente en bicicleta no que protexeron ao accidentado e realizaron a chamada a emerxencias, 112.


Outro grupo de primaria interpretou un rap creado e cantado por eles lembrando o bo uso da bicicleta.


Para que os alumnos concienciásense e afixésense ao seu uso, entregou ao centro un lote de cascos que agradecemos enormemente. 

Outro momento do proxecto Ourense Educa e Involucra,  neste caso potenciando a cultura viaria da bicicleta: "O casco dáche vida, úsao"






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...