jueves, 8 de noviembre de 2018

Aprendizaxe e Servizo: Reparación de bicicletas

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO decidiron achegar o seu gran de area para que os máis pequenos poidan gozar de paseos saudables. Puxéronse ao choio e dispuxéronse a reparar unhas bicicletas deterioradas que estaban no centro.

Con iso realizaron unha acción de aprendizaxe: 
- todos achegaron os coñecementos e as ferramentas que tiñan, para compartir cos demais co que aprenderon uns doutros nun traballo colaborativo
- realizaron un servizo á Comunidade Educativa ao reparar material educativo que axudará a que o alumnado que non dispón de bicicleta na súa casa poida aprender a desprazarse nela e así non sentirse discriminado polo seu descoñecemento.
Un paso máis para conseguir entre todos unha mobilidade sustentable e segura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...