sábado, 22 de septiembre de 2018

Cisneros na Semana Europea da Mobilidade 2018


Un grupo de alumnos e alumnas de Cisneros participaron o 21 de setembro de 2018 nunha actividade para celebrar a Semana Europea da Mobilidade baixo o lema "Combina e móvete".
Desprazáronse á rúa do Paseo da cidade convidados pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense e, unidos a outros centros, uns fixeron un baile conxunto "A bicicleta" e outros montaron as "bicicletas vivintes"; as nosas foron totalmente integradoras...
Ao acto acudiron o Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, a Concelleira de Educación  e Cultura, Belén Iglesias Cortés, a coordinadora de educación vial da DGT en Ourense, Sinda Aguiar. Numerosos medios de comunicación, prensa escrita, radio e televisión seguiron o evento.

Algúns momentos do evento recollidos nunha montaxe...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Lección dos peques: colocar o casco

 Uns peques do Cisneros colleron as mini motos de equilibrio, pero tiñan que poñer casco como nas motocicletas de verdade.  Non perdade...